Saltar navegación

Asociación

A Asociación Provincial de Empresarios do Comercio de Bazares e Artigos de Agasallo de Pontevedra créase no ano 1977 co obxectivo de agrupar aos empresarios do sector para a defensa dos seus intereses, así como a promoción e desenvolvemento do sector.

A APBP forma parte da Federación Provincial de Comercio de Pontevedra, e a través desta, da Federación Galega de Comercio Confederación Española de Comercio, na Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa e na Confederación Española de Organizacións Empresariais. Ademais diso, está integrada na Confederación de Empresarios de Pontevedra e na Confederación de Empresarios de Galicia.

Actualmente, preside a Asociación D. Antonio Reguera Repiso.

Dentro dos seus servizos, atópanse:

  • Axudas
  • Lexislación
  • Formación

VANTAXES:

Ao formar parte da nosa asociación, verase beneficiado de todos os servizos que integran o noso programa de obxectivos.

OBXECTIVOS DA APBP:

Información:

Facilitar a todos os seus membros, a información de sumo interese para os nosos asociados. Desde as distintas organizacións na que estamos integrados, faise chegar toda a información de interese; Boletíns Oficiais, Normas Xurídicas, Fiscais, Laborais; Convenios de Axuda ou Colaboración Etc.

Formación:

Promover e facilitar o acceso á formación, destinada a empregados e empresarios, a través de cursos subvencionados. Establecer convenios de Colaboración con Centros de Formación especializados no sector.

Promoción:

Desenvolver calquera iniciativa que favoreza, beneficie o interese de todos os nosos asociados.

Defensa dos Intereses:

Destacar que a nosa Asociación encargarase de defender tanto os intereses individuais como colectivos de todos os asociados que forman parte da Asociación Provincial de Empresarios do Comercio de Bazares e Artigos de Agasallo de Pontevedra

ASÓCIATE: dáte de alta na nosa asociación, facilmente, póndote en contacto coa asociación por Teléfono, Fax ou E-mail.

Logo de la Xunta de Galicia