Saltar navegación

Pontevedra participa no ‘Primeiro Encontro de cidades para a seguridade vial’

O obxectivo deste encontro é promover a reducción da accidentalidade nas cidades, así como difundir, promover e impulsar as boas prácticas de seguridade vial urbana mediante o intercambio de experiencias entre os diferentes implicados neste ámbito a nivel local.

A orixe deste evento atópase en maio de 2008 cando o Senado aprobou unha moción que instaba ó Goberno a que en coordinación coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) organizase un encontro sobre seguridade vial onde as cidades compartisen as súas experiencias.

César Mosquera participará neste Congreso cunha ponencia incluida na sesión “Diseño de la vía pública y la seguridad vial. Pacificación del tráfico” e que leva por título “Unha década de experiencia de posta en práctica de medidas universais de seguridade vial enmarcadas dentro dunha perspectiva global de mellora da calidade urbana”. Con ela Mosquera amosará en Xixón as principais medidas de seguridade vial levadas a cabo polo Concello nos últimos anos e que fixeron de Pontevedra unha cidade exemplar en materia de seguridade urbana e movilidade.

A peonalización do centro urbano e as zonas de preferencia peonil, a limitación das Zonas 30 ou a colocación de pasos de peóns elevados, así como a promoción da bici como transporte alternativo e as campañas de seguridade vial son algunhas das medidas levadas a cabo polo Concello e que fixeron que nos últimos anos non se rexistrase ningún accidente con víctimas na zona urbana.

Fonte: Concello de Pontevedra.

Fecha: 
Wed, 09/23/2009

Logo de la Xunta de Galicia