Saltar navegación

Charlas informativas sobre a gripe A en varios concellos

Varios concellos da provincia acollerán xornadas e charlas formativas sobre gripe A, que serán impartidas por profesionais técnicos de Sanidade na Deputación e nos municipios da provincia que así o demanden.

O contido dos relatorios, dunha hora de duración aproximadamente e destinados a empregados da Deputación e municipios de menos de 20.000 habitantes, versará sobre que é a gripe A, como se contaxia o virus A (H1N1)v, cales son os síntomas, en que período se pode contaxiar o virus, e cales son os denominados grupos de risco.

O lugar de impartición das charlas será o Pazo Provincial, a sede de Vigo, e aqueles locais que facilite cada concello.

Fecha: 
Wed, 09/23/2009

Logo de la Xunta de Galicia